leoeosseus

martes, 2 de xuño de 2015

Festival 2015

 


Hoxe foi o festival dos nenos no cole. Póñeno a estas alturas de curso  para safar o día das letras galegas e o fin de curso dunhaatacada e, bueno, de letras galegas non tivo nin a máis pequena canción. Claro, o festival estaba adicado ao rock e seica o galego non ha valer para iso. Iso si; había inglés e brasileiro e unha canción en español.
O festival estivo ben e, aparte de facer coreografías de cancións cada curso, houbo mostras de taekwondo, patinaxe e multideporte das escolas da ANPA. Os meus nenos participaron coma todos e fixérono mui ben.
Pero ao Leo o que lle presta de verdade é escribir e ata ten criterio autocrítico que non dubida en tirar ao lixo escritos seus de varias páxinas e que lles supuxo días de traballo. Tirou o que ía ser o diario de Billy Bomba do que rescatei coa cámara estas dúas páxinas onde fala de Papa Noel e as dúbidas que ten sobre se serán os pais os que traen os agasallos.
 
 
 
 
E para rematar este posteo dicir que a foto de arriba foi feita hoxe. Anuncian o circo Roy e alguén modificou e puxo circo Rajoy, pintou o pallazo con barbas e gafas e engadiu texto onde di que os españois son os primeiros en abandono escolar e os segundos en pobreza infantil despóis dos rumanos.
Póñoo aquí porque é un claro exemplo de arte efémera e verdade duradeira.



Etiquetas: ,

3 comentarios:

Ás 02/06/15, 23:13 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Vexo que o Leo anda enleado coa eterna dúbida dos nenos. Dille que, en realidade, os pais non son certos: son Reis!!!

Apertas de verán

 
Ás 03/06/15, 00:01 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Leo leva pinta de escritor.
Quanto ao que está escrito na publicidade do circo não sei se os espanhóis estão em segundo lugar, mas não acredito que estejam piores que os portugueses.
Um abraço

 
Ás 11/06/15, 10:27 , Blogger Paz Zeltia dixo...

esa vea de escritor hai que potenciarlla, que non se dilúa entre obrigas e cousas "prácticas", ogallá lle toquen profesores que saiban aproveitar esa tendencia.

encántame o que escribe. E ten unha letra moi complicada para a súa edade, ou é cousa miña?

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio