Males de dentes
Din que temos muitas cousas predestinadas pero máis que na fortuna eu penso que vén nos xens, ese manual de uso dos nosos corpos. O Leo anda mal dos dentes estes días e venlle por xenética que eu non os teño mui ben e da póla paterna de Leo está predestinado a levar desgustos. Xela xa os ten millores, coma a nai e a gaia materna. Non foi o caso da bisavoa Celia que lle tiraron os dentes mamotes ou de leite que os tiña enfermos cando era pequeña.
Souben diso porque lle preguntei que facían cos dentes de leite en Arbo cando lles caían e aínda non andaba o rato Pérez por alí. Ela non me soubo dicir nada e quedei sen saber se facían coma noutras zonas de Galicia que os guindaban ao lume da lareira pedindo que o dente novo fose millor.
Enteireime hai uns meses aquí desta curiosidade e hai un vídeo e todo. Tamén aparece nun traballo de fraseoloxía sobre os dentes que non ter desperdicio ningún; concretamente na páxina 43.
En definitiva, que os xens te deixen lonxe dos tiradentes.
Etiquetas: etnografia VII, familia V
1 comentarios:
O blogue ese ao que remites, ten unha boa colección de "dentes" :)
Eu non sei que facían na miña aldea cos dentes de leite as xentes de antes
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio