leoeosseus

xoves, 10 de setembro de 2015

Volta á escola


Hoxe tocou a volta á escola.
Seica os nenos madrugaron e non chegaron tarde. Había lío na entrada que non se sabía por que porta entraban e onde tiñan que facer a ringleira. Os nenos dixeron que non traballaron e que xogaron muito e non houbo deberes. Reencontráronse cos " vellos " coñecidos e Leo ten dous compañeiros novos que repiten curso. Leo segue coa mesma profe e na mesma aula e Xela ten una profe nova que a outra ten un bebé na barriga e segue na mesma aula.
O pior foi o asunto do material escolar de Leo: tiña que levar dous paquetes de cincocentos folios, oito ! recambios de carpeta de anillas, tres barras de pegamento, ceras, axenda, dicionario, bolis, típex de boli !, escuadra, cartabón, compás, etc, etc. Como Naideleo non podía con todo ( eu estaba a traballar ) pois non levou todo. Á volta había unha nota dicindo que faltaban cousas. Había que responderlle que faltaba iso e máis un burro fariñote para levalas !.

Etiquetas: ,

2 comentarios:

Ás 11/09/15, 00:13 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Caramba amigo é preciso tanta coisa para um aluno no ensino básico? Se for sempre aumentando à medica que ele avança nos estudos, quando for para a Universidade, precisa um camião.
Um abraço

 
Ás 17/09/15, 10:46 , Blogger Paz Zeltia dixo...

tan pequenos e canto material...! inda bo é se se pode mercar!
Eu tamén lembro que o meu pequeno (cando o era) ía á escola cargado coma un burro!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio