leoeosseus

domingo, 18 de outubro de 2015

Domingo de Rodarirrodari


Este día demos unha volta ata Ourense onde Fantoches Baj actuaron co musical " Rodarirrodari ". O musical recrea a vida arredor do tranvía de vapor de Marín a Pontevedra, os seus empregados e usuarios. Tocan músicas diferentes e con instrumentos pouco comúns e no remate van os nenos que queiran enganchados ao fogoneiro Moncho por todo o auditorio.


Despois fomos xantar ao centro comercial onde aparecían aquí e acolá fragmentos de poesías de autores ourensáns. A min gustoume particularmente este que retratei.
Entre a xente había algúns competindo nunhas mesas cuns taboleiros da guerra das galaxias ou algo semellante. Muitos dos participantes tiñan lentes e camisolas negras. En contraste cerca había un grupo de deportistas todos esbandallados polo chan ou sentados nun sillón de masaxes. Todos estaban co seu móbil e o seu tupé de futbolista de moda.


Saímos ao parque que está á beira do centro comercial e retratei a serea diabólica esta con cornos e todo que amamanta o seu fillo tritón.


A min gustoume máis esta obra de Buciños cun pai alzando ao ceo ao seu fillo.
Isto foi o que deu este domingo ourensán.

Etiquetas: ,

2 comentarios:

Ás 18/10/15, 21:00 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

A isso eu chamo um Domingo bem passado. Retida em casa, novamente às voltas com a saúde, eu deu-me para escrever e fiz um longo conto.
Um abraço e votos de uma boa semana

 
Ás 23/10/15, 13:45 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois xa dá ben de sí un domingo... (eu, habitualmente, paso a metade del na cama) :-/

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio