Snoopy, Tumblr e frases feitas
Onte estreamos para xantar un local que non nos chistou muito. Tiñamos encargado tortilla, pizza e churrasco para as dúas e tardaron de máis. A pizza estaba mui boa pero a tortilla e o churrasco estaban mui salgados. En fin.
Despóis tocou sesión de cinema con Carlitos e Snoopy que non estivo mal anque non entendía a parte cando voaba Snoopy coa súa caseta contra o Barón Vermello, pero bueno, haberá que ler o cómic nesta ligazón interesante con cómics a diario.
Á noite estiven a navegar pola interrede e descubrín no Tumblr fotos curiosas como estas galegas fotografadas por Alan Lomax ou estes pintores- acróbatas na ponte de Brooklyn de Eugene de Salignac.
Tamén descubrín expresións galegas que se suman ás que aprendín no traballo estes días como:
- Hai máis mareas ca mariñeiros ( quere dicir que xa haberá ocasión de facer algo ).
- A ver se non vai o burro á feira ( a ver se hai sorte ).
- Queres irlle ao carro ( queres ter relacións sexuais co esa persoa ).
E así ímola virando.
Etiquetas: cinema I, fotografía I, interrede VII, lingua X
2 comentarios:
"Há mais marés que marinheiros" é uma expressão galega? Oiço-a desde menina, não sabia a sua origem.
As outras duas não conhecia.
Um abraço e uma boa semana
Pode que tamén sexa portuguesa.
A fronteira é tan difusa...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio