Entruiando un chisco
Por fin fixo bo tempo e saíron as comparsas. Aproveitei e percorrín Vilaguindastre coa carauta simpática da foto. Aconsellei deixar de fumar a algúns, pedín que me incluiran nos selfies a outros e tamén pedín o número do móbil a máis dunha. Asustei a non poucos e saudei a algúns veciños, camareiros, o axudante do mecánico, un compañeiro do traballo e un exalcalde de Vilaguindastre.
Logo tocou mirar as comparsas que foron muitas e variadas e as que me gustaron especialmente foron as de Galicia Calidade con peliqueiros e galegas danzantes e a de Nosa Terra no País das Marabillas. Houbo bastante público e o incombustible Cuquín paseaba disfrazado polo medio da xente. O que si constatei foi a pouca xente que ía disfrazada por libre. Supoño que será polo tarde que se celebra o entruido despois de dúas semanas de cancelación.
Etiquetas: etnografia VII, vilaguindastre IV
4 comentarios:
O tempo faz coisas engraçadas. Até desfiles carnavalescos em plena quaresma.
Um abraço e bom Domingo.
Así que pedindo o teléfono ás mozas eh...pillabán!
Gamberreando a pracer, eh! Paréceche bonito? ;)
Se non houbese xente con gana de divertirse, con enerxía para levalas á práctica, que sería de nós, os miróns.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio