Segunda avaliación
Esta semana deron as notas dos nenos e hai que dicir que estamos ledos co elas. Xela vai mui ben e a profe está mui contenta co ela, ben, a terceira profe que só fan marchar e esta é a terceira que ten. Dos corenta e catro puntos que evalúan o coñecemento de si mesma e autonomía persoal, coñecemento do contorno, linguaxe, comunicación e representación e lingua inglesa todos os cumpre sen dificultade menos cinco que están en proceso.
En canto a Leo dicir que superou o baixón da primeira avaliación e sacou todo ben e notable e estamos mui orgullosos del. O que si hai veces que non entende algunha situación como cando saiu todo encomodado que unha compañeira se ría del cando afiaba un lapis de cor. Pero que, calquera non se ri de como quedou o lapis de aproveitado. Leo ten que aprender que non se rían del senón do resultado.
2 comentarios:
Que bom que as crianças estão bem na escola. A minha neta também está muito bem.
Hoje por aqui foi o ultimo dia antes de férias e a turma da Mariana foi num passeio de estudo ao museu da criança.
Um abraço e bom fim de semana
É ben importante a etapa formativa na escola, así que resulta moi gratificante que vaian ledos e acaden resultados óptimos. Eles contentos e nós...tamén!
Apertas no día do pai (non seremos pais nos outros días?)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio