leoeosseus

Monday, 16 May 2016

Malestares, libros e cancións

 
 
 
No choio tiven un percance coa pistola cravadora e furei o dedo de raspallón; pero nada grave.
Como se non chegase de desgraza, Naideleo e Xela están con febres e toses.
Pero como non todo ha de ser malo foi e tocoume un lote de libros no sorteo da feira do libro de Vilaguindastre.
E houbo festival de canción de Eurovisión e gañou Ucraína cunha canción falando de expatriados á forza. A min gustábame a canción italiana cun despregue audiovisual fermoso que é un recurso que non aproveita ben España nin outros países.
En fin, a vida segue cos seus bos e non tan bos momentos.
 
 

Labels: ,

1 Comments:

At 21/06/2016, 10:31 , Blogger Zeltia said...

Xa hai ben anos que non vexo o festival de Eurovisión...! Eso, se non é en grupo para "criticar", non ten graza... :)

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home