Os nenos de vacacións
Rematou o curso dos nenos e non comentei como o remataron. Leo sacou mui boas notas: todas notable menos un ben e un sobresaliente e segue especializado en linguas. Leo le muito ( leu 86 libros para un concurso de lectura que quedou en auga de castañas ) e escribe; anque agora está enganchado á serie dos Yo - Kai watch e canta, escribe e busca todo sobre esta serie.
Xela tamén saiu ben do curso e a profe está contenta con ela que traballa, non fala e obedece para abraio meu que lle preguntei se falabamos da mesma Xela. Todos os obxectivos están conseguidos menos coñecer o nome de todos os compañeiros pero que non sei que pasa aí que ela sábeos e da clase do lado tamén muitos. E Xela non para quieta que tanto mira a tele como debuxa como xoga cunha pelota ou fai coleccións de fotos de animais ou observa como xoga o irmán.
Na foto están nun dos poucos momentos de paz entre eles porque ou Leo chincha á irmá ou ela quere xogar a algo e Leo non quere e empeza a de San Quintín.
3 comentarios:
Que gozada a rapazada lectora. Se che conto que nin eu nin o profe de castelán conseguimos que todo o alumnado de ESO lea un libro en cada lingua por trimestre...
Os nenos á esa idade da ESO non acostuman ler.
Eu tampouco lía con esa idade.
Haberá que buscar outros libros ou incentivalos dalgún xeito pero é difícil. Se non queren non queren e non hai maneira.
hahaha soa bonito como o contas, despois xa asistir á batalla, xa non sei :)
Noraboa polos éxitos dos fillos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio