Repeticións varias
Repetimos as eleccións e tratei de fotografar a evolución da campaña nun taboleiro veciño. Empezou mal que o mal tempo de principio tirou co taboleiro e co que tiña pegado que foi o madrugador " En Marea ". Levantaron o taboleiro e volveron colar o cartaz de " En Marea " que se mantivo en solitario uns días ata que se arrimou o " PSOE ". Estiveron os dous sós ata que estes últimos días chegou o " PP " e arrasou no taboleiro. " Recortes cero - Grupo Verde " tamén apareceu e chantou a súa amostra. Outros partidos non apareceron en escea e os coches dos altofalantes case non rodaron. O " Nós - BNG " pendurou os seus cartaces azuis e a versión negra case como disparando os últimos cartuchos.
E en Torneiros, remedando aos políticos, van e organizan unha fogueira de San Xoán no día seguinte repetindo a da víspera.
Pero, claro, segundas partes nunca foron boas e semella non ter muito éxito esta repetición.
A ver agora que pasa coa repetición das eleccións...
Etiquetas: curiosidades XV, vilaguindastre V
1 comentarios:
"a ver que pasa"?
pois xa viches! :(
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio