Con este calorazo
Co esta calor sobran ata as sabas. E ata hai unha muller que aproveita a saba para escribir a súa biografía nela e relatar as maldades que fixeron co ela as Clarisas de Tui.
Eu traballei de tarde ( esta semana e a anterior ) e non cheirei nada de fresco, piscina ou praia como si desfrutou Xela indo de campamento. Home, non foi ao Panxón dos anos sesenta pero pouco importa.
E quero felicitar aos portugueses que se meteron na final da Eurocopa. A min non me gusta o fútbol masculino; prefiro o feminino. A equipaxe ten máis colorido.
Etiquetas: curiosidades XV, fotografía II, xela VI
2 comentarios:
Ten mérito a muller que escribe na saba con tanto tempero. Pero tes máis mérito ti, que gostas do fútbol feminino. Coma min!
E tamén felicito aos portugueses por acadar a final da eurocopa, e demostrar que co mínimo esforzo pódese chegar a acadar o cumio
hoxe lucícheste coas fotos. Mimadriña de onde sacaches ese testamento autobiográfico das monxas clarisas!
(do futbol non me gusta o feminino tampouco ;-) )
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio