leoeosseus

sábado, 23 de xullo de 2016

Tarde en Baiona


O outro día non facía tempo de praia así que fixemos de turistas e fomos a Baiona.
Unha visita imprescindible é subir á réplica da carabela Pinta que chegou a Baiona en 1493 coa nova da chegada a América. Pasear pola pasarela ata a carabela é como ir andando por riba do mar e podes case tocar os omnipresentes muxos. Na carabela os nenos distinguían os visitantes das figuras que representan mariñeiros e indios. Puideron ver canóns daqueles tempos e outras armas, tamén prantas e animais que viñeron daquelas terras e inventos como a hamaca.


Outra visita obrigada é á estatua da Virxe da Rocha coa súa escaleira en caracol no interior e o mirador na chalana na man dereita da Virxe. É de granito anque a cara e as mans son de mármore.



No parque do monte da Virxe da Rocha había un rótulo cunha cara dun trasno ou algo así e dicía " Visita ". Leo máis eu subimos por aquel carreiro e descubrimos un penedo que semellaba a cara dun ogro ou trasno. A outra é a Virxe da Rocha e esta é a raíña dos trasnos.
Dá gusto revisitar sitios de cando en vez !.

Etiquetas: ,

2 comentarios:

Ás 24/07/16, 16:51 , Anonymous Anónimo dixo...

Non coñezo Baiona. Pode que teña pouco xeito andar por eses mundos a ver cousas sen antes ter visto as que temos preto. Saúdos

 
Ás 04/08/16, 14:02 , Blogger Paz Zeltia dixo...

"Dá gusto revisitar sitios de cando en vez !
De cando en vez? pero se non parades!

Eu tampouco fun nunca á carabela"

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio