Remata setembro
Os días minguan.
O outono trae as súas cores. Bueno, máis ben é a cor que deixa o lume no monte queimado de Arbo.
Na cidade tamén descubro cores.
E aparecen misterios en forma de casa de pedra con dous balcóns-solainas de nome " MI ARAL " e " MI RUNFLA " que non sei que significa.
Busquei " aral " e fálase muito do desastre ecolóxico do Mar de Aral que agora é chamado Deserto de Aral. O de "runfla " tampouco sei o significado.
E rematando setembro empezan os nenos con actividades extras e a nena dun compañeiro vai empezar kunfú e isto fíxome lembrar o vídeo de Jesse-Jane McParland en Britain's Got Talent que tanto gusta a Xela e ao resto de familia.
Pincha aquí e gózao.
Etiquetas: curiosidades XV, natureza VIII
1 comentarios:
Mingam e de que maneira.
Que Outubro seja um mês favorável a toda a humanidade.
Um abraço e bom fim de semana
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio