leoeosseus

martes, 6 de decembro de 2016

Sensacións de decembro


 
Debe de ser o cambio climático o que fai que estes días faga caloriña de día e deixe eses solpores con rubiéns de cores case imposibles.
 






 
O Nadal acércase en Vilaguindastre coa casiña dos trasnos que axudan ao vello barbudo do Polo Norte e os trasniños poboando o alto das farolas.


Xela anda alterada pero non esquece facerlle un agasallo a Papa Noel con monecos da patrulla canina ben envoltos con celo e un conto escrito e debuxado por ela debaixo da nova árbore de Nadal.
E, como quen non quere a cousa, este decembro e final de ano corren que dá xenio.

Etiquetas: ,

4 comentarios:

Ás 07/12/16, 01:03 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

E já faltam poucos dias. As crianças andam alvoraçadas com a perspectiva das festas e das prendas.
Um abraço

 
Ás 08/12/16, 19:49 , Anonymous peke dixo...

Que o pasen/pasedes moi ben!

 
Ás 14/12/16, 11:47 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Corre, corre o tempo...! a min un ano destes, vaime pillar!
(dame algo de envexa ese nada con nenos cheos de ilusións)

 
Ás 30/12/16, 12:53 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Mira, cando o terro corre así é que a vida discurre coma un río manso. É linda a rutina que nos proporciona felicidade.
Eu non son moi de Nadal, pero sempre resulto contaxiándome das luces e a excitación do meu entorno.

Así que, inda que con retraso, confío en que fose un bo dia de Nadal e que a Noitevella e aninovo sexan tamén felices.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio