" Canta " e outras cousas
Hoxe metémonos no medio da marabunta dos centros comerciais acugulados de xente nestas datas e fomos mirar a película " Canta " que non me convencía de primeiro pero que me encantou e me fixo soltar algunha bagulla e todo. Son diferentes personaxes con diferentes formas de ser e vidas distintas que están unidos polo amor á música e que entran nun concurso para gañar cartos. Teño que dicir que as imaxes e a historia son de dez e as cancións e momentos simpáticos non paran e non desentoan. Quedei co dato curioso da camisola do koala protagonista que tiña escrito Calatonia University. Haberá algún catalán no equipo de traballo ?.
Como non todo é cinema na interrede descubrín un calendario de pedra dunha igrexa galega e uns experimentos sobre a socialización do ser humano que ata provocan riso do adocenados que chegamos a ser para seguir integrados nun grupo.
E imos cara a Reis.
Etiquetas: cinema I, etnografia VIII, interrede VII
3 comentarios:
Olha que bom que afinal o filme era bom.
Um abraço e Bom Ano
Calatonia University. ou catalonia ? :P
Na camisola puña Calatonia. Supoño que escribir Catalonia sería descarado, ilegal ou perigoso, pero estaba claro que querían escribir Catalonia anque non sei o motivo.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio