leoeosseus

xoves, 26 de xaneiro de 2017

En Oniria


Despois dunha boa tempada traballando de noite agora traballo pola tarde. Mudan muitas cousas e agora durmo e soño e teño varios soños por noite. O mundo onírico é complexo e sen explicacións exactas do que acontece. Lembro unha noite con tres soños. Nun enchían o val de Arbo de auga por mor dun encoro e a xente mercaba monte no alto para construir a casa fóra da auga que chegaba ata as portas da primeira casa da foto. Do segundo soño non lembro nada e no terceiro eu conducía un coche por Arcade e na estrada paralela ía outro coche meu teledirixido e seguindo o mesmo camiño.
Supoño que será millor estar a soñar que non estar na vida esperta cos seus problemas.
Supoño que diso saberán muito os aborixes australianos.
Non canso de supoñer.

Etiquetas: ,

4 comentarios:

Ás 10:15, 26/01/17 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Se há coisas de que tenho pena é de nunca lembrar sonhos. Não lembro de um único. Antigamente dizia que não sonhava. A minha médica, disse-me que isso não é possível. Que podemos não nos lembrar, mas que sonhamos. Disse-me até que estudos feitos com voluntários que foram impedidos de sonhar ao fim de três dias a sua saúde tinha-se ressentido e ao fim de uma semana tiveram que interromper os estudos sob pena das pessoas morrerem.
Então sonharei como toda a gente, mas não consigo lembrar
Um abraço

 
Ás 20:02, 30/01/17 , Anonymous peke dixo...

Feliz 2017.

 
Ás 13:35, 31/01/17 , Blogger Zeltia dixo...

Non cansamos de supoñer, é certo.
Aquí argallamos outras lerias para a interpretación dos soños ca os aborixes australianos (moito mellor as deles, onde imos parar...!)

 
Ás 13:36, 31/01/17 , Blogger Zeltia dixo...

Supoño que habería que darche a noraboa por non máis traballar de noite. Imaxino que os teus biorritmos estarán máis ledos. (así que se afagan)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio