O 2017 está aquí
O ano comezou en Arbo despóis de comermos uvas en lata que non había das naturais. A bisavoa Celia non quixo uvas e deitouse antes que lle doía a cabeza. Ás doce pasadas empezou a foguetería no Barriño onde a xuventude ilumina a noite .
Na mañá seguinte fixemos unha camiñada Naideleo máis eu pola zona onde miramos a tala de piñeiros, os cabalos e touras e detalles curiosos como o do escudo heráldico que tanto deu para comentar naqueles tempos bos para os blogos.
Tamén me resultou curiosa esta figura e unha revista de pelos que protexían a dúas touras. Non sei que poderes de defensa terán !.
E hoxe fun testemuña dun caso de violencia doméstica en pleno centro de Vilaguindastre. Saiu unha muller á porta do balcón pedindo socorro, pechouse dun portazo a porta e logo por unha xanela berrou: ¡ Me están pegando !. Outra vez pecharon a ventá con forza e a xente e eu quedamos á espera do que ía acontecer. Houbo un que chamou aos municipais que estaban a un paso de alí e sorprendeume gratamente a reación do flautista que admira Xela que foi a un bar do edificio dos berros para avisar do que acontecía. Os municipais chamaron á porta pero non houbo resposta e non poden tirar a porta abaixo sen haber evidencias. Buscaron testemuñas e ofrecinme eu por se for preciso para algo.
Espero que todo quede en anécdota.
E así empeza este ano.
Etiquetas: arbo III, vilaguindastre V
3 comentarios:
Violência doméstica é uma ferida na sociedade atual. Todos os anos morrem muitas mulheres por isso.
Um abraço e Feliz 2017
Feliz ano, Paideleo!! E esperemos que o da muller quede, como dis, nunha anécdota que xa bastante violencia doméstica temos neste país. Unha aperta!!
E por aquí volvemos, onde o deixamos. Parece lonxe xa o principio do ano, e inda está recién nacido.
Vexo que o paseo deu para moito, pero non hai bonecos estraños coma ese da foto que esconxuren este mal da violencia de xénero.
Moi ben polo de ofrecerte de testemuña. A nosa colaboración é fundamental. Hai unha semana tamén eu chamei aos municipais porque ás 3 da mañá había berros dun home chamándolle "puta, puta" a alguén (nai ou esposa, seguramente)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio