Sexaxésimo sétimo mes ( e mais un día )
E o tempo sabe o seu camiño e Xela ao par del.
A nena cambia e aprende e millora en todo. De cada vez escribe e debuxa millor e razoa máis. Asómbranos con algunhas cuestións case filosóficas sobre onde estaba antes de nacer e que pasa cando un morre e ela non quere morrer e nós dicímoslle que hai que comer para non morrer e que esqueza iso que inda é mui nova.
No plano físico dicir que agora case nunca mexa na cama anque segue a durmir co cueiro posto. Saiulle un sachiño diante dos sachos de abaixo e fai graza cando lava os dentes e lava aparte ese dentiño.
Desta volta deixo dúas fotos coas súas construcións porque no mesario pasado non puxen ningunha, xa sabes: era Nadal.
Etiquetas: xela VII, xelartista
2 comentarios:
E Xela está cada dia mais bonita. Ainda bem que já está bem de saúde.
Um abraço
Que etapa tan bonita a da nena...! (coma ela)
e como lle irá ao Leo...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio