leoeosseus

mércores, 1 de marzo de 2017

Sen tempo non era


Sen tempo non era. O sachiño que lle saiu hai un par de meses xa está facendo que se mova un dente de diante. Nuns días Xela terá o seu primeiro dentiño para o rato Pérez anque penso que sería millor que o botasemos ao lume, como facían antes, por iso de " Toma lumiño; para que o novo saia máis dereitiño ".

Tamén lembrei aquel artigo de Calros Solla onde falaba dos dentes e refráns.

A foto é dunha ( charanga ) comparsa de Moaña no domingo pasado. Había outra mui corida con traxes mexicanos e todas ían de Frida Kahlo.

Etiquetas: ,

4 comentarios:

Ás 02/03/17, 16:54 , Blogger Voz en off dixo...

Todo no Porriño supoño? Potente entroido!!

 
Ás 07/03/17, 19:55 , Blogger Ana Cosque dixo...

Mais ben comparsa, non charanga! https://www.facebook.com/sentempononera/

 
Ás 09/03/17, 15:26 , Blogger paideleo dixo...

Pois comparsa logo.
Como ían tocando música pensei que era unha charanga.

 
Ás 10/03/17, 20:37 , Blogger Ana Cosque dixo...

As comparsas no de Moaña son así, menos visuais e máis musicais ;-)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio