Gandaxe e máis palabriñas
Había tempo que non escuitaba a palabra " gandaxe ". Busquei esta palabra por dicionarios e na interrede pero só a topei nun par de sitios. Aparece no libro " O enxoval da noiva " e despois nalgún comentario e blogo do sur de Pontevedra así que debe de ser unha palabra desta zona. Gandaxe vén a dicir xente de mala calaña ou de mala ralea na que non pode fiar un e supoño que vén de " gando " máis o sufixo " -axe ".
Poño a foto duns políticos que ben poderían entrar dentro desta definición na maioría dos casos.
E, falando de políticos e as súas prácticas, como non todo vai ser galego tamén aprendín a frase americana " Money talks, bullshit walks " para dicir que o diñeiro move todo, traducido finamente.
Coa familia norteamericana tamén aprendín a tradución de níspero " medlar " e de estruga ou ortiga que é " nettle " co que comprobaron que os galegos poden tirar licor de case calquera pranta.
A ver que aprendemos con Mehdi, o neno saharaui, cando veña aquí !.
Etiquetas: familia VI, lingua XII
2 comentarios:
Vivendo e aprendendo, não é mesmo amigo?
Um braço e uma boa semana
Um abraço e uma boa semana, era o que queria dizer
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio