Dende buzos a espectadores invisibles
Levaba varios anos intentando fotografar os buzos e o capitán Nemo da praia de Cesantes e por fin o conseguín.
A marea ten que estar baixa, no debalo. Un dos buzos está ben verde e semella máis un extraterrestre ca un buzo.
O outro levaba en tempos un cofre enganchado cunhas cordas pero de cada vez está máis carregado de mexillóns e arneiróns. Tamén está perdendo o aspecto humano a medida que pasa o tempo e medra a súa carga.
Hoxe había música infantil en Mos e Xela máis eu fomos á actuación de " Mamacabra " coa cantante felizmente recuperada. Tamén actuaban " Brincavai ", " María Fumaça " e " Uxía Lambona e a banda molona " pero non quedamos pola tarde. Ía muita calor.
Decidimos sentir o fresco do cinema coa película " Capitán Calzoncillos ". Cando entramos non había ninguén pero eu dixen que estaba cheo de homes invisibles e a Xela entroulle o medo. Cando sentamos díxenlle que tiña á súa beira un home invisible que era mudo e por iso non escuitabamos como falaba. Menos mal que ao final eramos doce espectadores e desapareceron os homes invisibles.
Etiquetas: cinema I, curiosidades XVI
1 comentarios:
As fotos estão fantásticas. E os filhotes cada dia mais bonitos. Parabéns amigo.
Abraço
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio