Fóra do común
Este ano Xela celebrou o sexto aniversario cos amigos in extremis. Como segue sendo teimuda e pouco obediente case non celebra o cumpreanos. Xela ten unha personalidade mui forte, un carácter mui seu e mais unha intelixencia especial.
No lugar da festa non parou e gozou cos canóns de bólas ou escalando no rocódromo. Gustáronlle os agasallos que eran de construir uns, outro de coches e outro era un robot que baila e todo. Xogou con todo e deulles mil voltas e fixo cousas orixinais. Xela é unha nena tan fóra do común que se debuxou vista de costas, sentada e debuxando nun papel. Eu penso que é algo sorprendente nunha neniña de seis anos.
Promete un futuro creativo e orixinal.
Etiquetas: xela VII, xelartista
2 comentarios:
Dende logo amósase como una artista ben creativa!
Uma artista e bem original.
Abraço
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio