Vlrñ 2017
Xa empezamos a gozar das imaxes de Vlrñ un ano máis ( 2014, 2015 ). A vila muda aos chiscos con casas reformadas e o paseo rematado dende o pasado ano. Desaparece a chalana " Polvo " anque o dono segue por aí. Segue a furgoneta das pizzas do francés simpático así como os calamares do " Buxaina ".
Dá gusto esquivar a calor admirando esceas mariñeiras e agardando pola familia mallorquina e tamén por Mehdi que chegará o venres dende o Sahara.
Agardo que lle guste isto.
Etiquetas: familia VI, viaxes IV
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio