O " quitateimas "
Empezou setembro e abrochan por aquí e alá cursos, actividades e colecións de fascículos. Eu, por exemplo, mirei este cartaz que retrato e habería ata tres cursos que me enchen o ollo. O caso é que non os podo facer por motivos de traballo unha; e para atender os nenos, outra; que Naideleo non vai poder estar co eles nas tardes.
Adicareime a aprender palabras novas pola interrede como " de pachena ", expresión curiosa do Ferrol que significa estar deitado bocarriba.
Por certo, aprendín hoxe pero no mundo real e da boca do tío Pepe o nome de " quitateimas " para o Smartphone. Que non sabes o número de habitantes de Catalunya, se naceu antes Beiras ou Fraga ou queres calcular a distancia dende casa ao instituto ?. Pois preguntas ao móbil e xa che quita esa teima.
E así pasa o tempo.
Etiquetas: interrede VIII, lingua XII
1 comentarios:
Pois...
Um abraço e uma boa semana
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio