Turismo de catástrofe
Non, a foto non é unha foto antiga en sepia. É un parque nas Neves a toda cor que é un mirador do río Miño. Cando o inauguraron mirábase o río dende aquí pero logo medrou o bosque de eucaliptos e piñeiros para tapar a vista. Agora ardeu de forma brutal. Poden rebautizalo como o Mirador da Estupidez Humana.
O lume desta volta non se conformou con queimar bosques que cruzou estradas e ríos e queimou casas abandonadas, galpóns, cultivos e froiteiras. O lume lambeu casas habitadas que se salvaron gracias á xentiña luitadora que pasou un mal domingo e unha pior madrugada de luns. Marabilloume que non morrese máis xente.
Presa do lume caiu unha serrería tal que fose unha burla do destino, unha vinganza de árbores suicidas que non querían rematar os seus días fendidos e cortados nesta instalación.
O monte quedou calcinado e xurdiron pedras: vellas lembranzas de terras cultivadas.
Agora toca recuperar tendidos eléctricos, airear casas afumadas, reconstruir o que se poida e volver prantar frutais ou viñas e sementar hortas, patacas e millo. Os eucaliptos e piñeiros xa virán sós, seguro.
E, como burla irónica do destino, sobreviven ao lume unhas palabras baleiras de propaganda política.
Un fracaso explicado cunha imaxe.
PS: engado un vídeo da zona das Neves onde se aprecia a catástrofe do incendio.
Etiquetas: etnografia VIII, natureza VIII
1 comentarios:
Boa noite. Estou de volta, depois de oito dias ausente e de mais dois sem Internet que passei a ter agora, apesar do técnico só cá vir amanhã.
Enfim coisas da tecnologia
Amigo em Portugal os incêndios tem sido uma tragédia, que já matou 108 pessoas e deixou centenas sem nada.
Um abraço
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio