Rectificar é de sabios
Pois si. A marca de coches Hyundai puxo no mercado neste ano que remata un modelo chamado Hyundai Kona en toda Europa. Bueno, en toda Europa, non; porque no país luso ese nome " suscitaba problemas " e mudárono polo de Kauai que fai referencia a unha das illas hawaianas máis turísticas. En Galicia seguía chamándose Kona polo sometemento á autoridade estatal e seguía " suscitando problemas " como explica millor ca min Carlos Garrido aquí. Atentos a isto a RAG formulou unha queixa que acabou sendo aceptada polo goberno español con Rajoy á cabeza anque na prensa non saia reflectida entre tantas novas de Cataluña, do goberno e das Campos en New York. Grazas á RAG o automóbil famoso pasará a chamarse a partir do primeiro día de xaneiro Hyundai Bulba para non ferir sensibilidades lingüísticas nin feministas.
Iso si, a illa Hawaiana e os nomes derivados dela coma o do cartaz de abaixo seguirán tal como son.
Un pequeno paso para a RAG pero un gran paso para o idioma galego !.
Etiquetas: curiosidades XVII, lingua XII
2 comentarios:
Passando para deixar um abraço e desejar que 2018 seja apenas e só o melhor ano da sua vida.
Bo intento...
Que no 2018 atopemos moitos momentos para desfrutar da...vida enteira!!!.
Apertas desde o berce do Ulla
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio