Cans 2018
Hoxe Xela tivo o seu bautizo de festival de Cans. Fomos no autobús dende o centro de Vilaguindastre. Paseamos entre as casas cos cans pendurados e a xente coas súas camisolas desta edición ou doutras anteriores e os sombreiros de palla de Mahou. Fomos á parte onde está a caravana coas películas infantís, compramos churros de chocolate e tamén había unha vaca de propaganda Deleite camiñando entre o público. Logo montamos nun chimpín como o da foto e a Xela gustoulle a experiencia e máis cando mirou un neno que baixou do chimpín e corría atrás del para volver montar. Botamos unhas carreiras pai VS filla por unha encosta e logo marchamos que empezaba a pingar un chisco.
Etiquetas: etnografía IX, vilaguindastre VI
1 comentarios:
Está tão crescida! E tão bonita!
Abraço
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio