leoeosseus

luns, 8 de outubro de 2018

E viu o fresco !


Sábado na tapería de Bugarín e no campo de fútbol fixo muito frío. Viña o aire do norte todo e tiven que mandarlle un licor café. Leo xogou uns quince minutos e tocou a pelota un par de veces e o equipo acabou gañando por fin.
O domingo foi de lavandería mentres o chico-bambán gozaba e cantaba a todo volume. O da lavandería regaloume un niqui de propaganda e lin unha revista atrasada en galego que falaba da película Vilamor cando era novidade. Nas esquelas saía un gran profesor que aprobaba aos alumnos se lle mercaban unha enciclopedia.
Pola tarde baixamos Xela máis eu e houbo un incidente entre un vagabundo e un amiguiño de Xela. Pensei que empezaría unha guerra entre Portugal indocumentado e Arxentina ofendida pero quedou en nada.
Caíron as sombras e marchamos. Definitivamente chegou o outono.

Etiquetas: ,

2 comentarios:

Ás 10/10/18, 05:18 , Blogger Alís dixo...

Polo que vexo, a cabeza non se che enfría. Tamén tomaría un licor café para celebralo. Mágoa que aínda non o importen.

Unha aperta

 
Ás 11/10/18, 00:56 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

É o Outono está chegando o que não é de estranhar. Afinal estamos a pouco mais de dois meses do Natal.
Abraço

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio