leoeosseus

martes, 16 de outubro de 2018

Non todo é pagar


Tocou volver a Vigo e desta safei o papeleo pendiente con menos requisitos dos que me pedían.
Tiven sorte de topar aparcamento na rúa onde non me cobraron por razón obvias.
Como tiña un tempo libre dei unha volta pola avenida de Beiramar na zona dos asteleiros onde tiña pendiente facer unhas fotos de graffitis artísticos.
 
 
 
 
O asteleiro Cardama recreou momentos dos seus cen anos de existencia. Poño aquí o momento do meu nacemento.
 


E tamén retrato aquí a rúa Ánimas cos seus petos tradicionais e, entre eles, unha máquina dispensadora de bebidas e petiscos para as ánimas con corpo que necesita manterse pero non de rezos e esmolas.

Etiquetas: ,

2 comentarios:

Ás 16/10/18, 21:18 , Blogger Alís dixo...

Gústanme, e moito, os graffitis artísticos. Non tanto as firmas feas que deixan alguns desconsiderados na parede da miña casa. Si alomenos debuxaram ben!

Bicos

 
Ás 16/10/18, 23:28 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Adoro as pinturas de rua, No meu blogue de imagens tenho mostrado muitas de várias cidades por onde tenho passado e também do Barreiro.
Abraço

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio