leoeosseus

domingo, 4 de novembro de 2018

Indecisión


Ao lado da casa dos espellos está o motel abandonado co seu restaurante de nome indeciso. Por un lado é " Lua Chéa " e pola outra banda é " Lúa Chea ".


É que con isto do galego hai indecisións e casos curiosos como o do programa " O máis galego " onde poñen un nome topográfico con " y " grego como o de Cabo " Estay ". E logo van os concursantes buscando xente de Sanxenxo e o home pregunta se é de Sanjenjo a máis de un. Algunhas mulleres foron decididas e responderon dicindo Sanxenxo.


Tamén hoxe Leo foi decidido e conseguiu a vitoria do seu equipo contra o de Salvaterra metendo o único gol do partido.

Etiquetas: ,

2 comentarios:

Ás 04/11/18, 04:03 , Blogger Alís dixo...

A min chámame a atención, máis alá do nome, que un motel taña restaurante. Aquí os moteéis son excesivamente discretos, tanto que ata o nome cambiaría a Lúa Nova, si acaso (teñen nomas máis raros).

Parabéns a Leo!!

Unha aperta

 
Ás 05/11/18, 16:36 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Parece que o Leo é um bom jogador. Parabéns
Abraço e boa semana

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio