leoeosseus

domingo, 18 de novembro de 2018

Non todo é fedellar


Como o tempo adicado á casa nova non é o cen por cen, pódese levar a Leo a Chaín na outra aba do monte Galiñeiro onde cortaron o lume do ano pasado dirixindo os aspersores do campo de fútbol ao monte de fóra.

 
 
Despois do partido fomos xantar zorza a Pontellas. E que teima con aturullar estas festas con música a todo volume debaixo da carpa.
 

 
E como non é só cuestión de alimentar o corpo tamén alimentei a alma coa obra de teatro " Chicago killers " e así coñecín unhas mulleres asasinas, un avogado cobizoso, un fiscal ansioso por ser gobernador e unha policía que só se move cando rulan billetes.

Foi un domingo distinto.

Etiquetas: ,

2 comentarios:

Ás 01:13, 19/11/18 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

De vez em quando é bom fugir da rotina.
Abraço e uma boa semana

 
Ás 05:32, 19/11/18 , Blogger Alís dixo...

Si a un partido de fútbol lle seguen comer zorza e ir ó teatro, ata lle podería coller gusto

Unha aperta

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio