leoeosseus

sábado, 27 de xullo de 2019

Isto é xullo ?


Estes días grises, poalleiros e frescos fan dubidar en que mes vivimos.
Hai detalles que nos sitúan no tempo, no paso do tempo que é unha teima do ser humano. Así menceu o 18 de xullo cunha pintada na igrexa de Vilaguindastre esborranchando os nomes xa case desaparecidos dos mortos no alzamento de hai oitenta e tres anos.


Os últimos mirabeles de Arbo tamén nos sitúan no calendario. O mirabel é unha fruita aneira ( para o ano non haberá ) que está tan mal paga ( 70 cts o quilo ) que a deixan sen apañar na arboriña.


O que non nos axuda a situarnos no tempo é o peche da tenda de nome variable que non chegou a un ano de vida.

Ceos !. O tempo ten diferentes velocidades e valores.

Etiquetas: , ,

1 comentarios:

Ás 28/07/19, 12:28 , Blogger Raposo dixo...

Dende logo, polo tempo onte parecía un día de marzo ou outubro. A ver si vai mellorando e adaptándose as datas nas que estamos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio