O paseo espera por nós
Dicía que ían saír os nenos para a semana pero errei e é mañá cando sain. Non sei se sairán muito que dan mal tempo.
Os que si van notar o cambio neste tempo do Confinaviros son os animaliños que ata o de agora tiñan todo para eles e agora vai haber máis xente a pasear. O paseo é só dunha hora e o resto do tempo teremos que facer o de sempre: fuchicar cos aparellos electrónicos e mirar películas, cancións ou vídeos.
Na foto está un papamoscas ( creo ) que eu cría que era un carboeiro. E no choio un compañeiro atropelou un tourón ( outro nome do teixugo ); claro exemplo de como inza a vida silvestre agora que estamos a maior parte do tempo fechados.
PD: nin papamoscas nin carboeiro, é un rabirrubio tizón.
Etiquetas: covid-19 I, interrede VIII, natureza IX
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio