leoeosseus

venres, 24 de xullo de 2020

Paranoia


A xente estase afacendo a levar máscara case todo o tempo e non me extrañaría que nos mandasen levar máscara conducindo, se non...ao tempo. Iso si, hai xente que pasea pola praia levando un chupachups e así non pon a máscara. Tamén hai xente que fuma e aproveita para tirar a máscara e afumar aos demais ( a ver cando prohíben fumar pola rúa ).
A verdade é que o Carroñaviros anda por aí e non nos podemos despistar. E así hai veciños que din que camiño da casa á piscina hai que levar a máscara anque pouco tráfico hai no camiño da foto. Está ben non deixar ir á piscina xente de fóra pero levar máscara cincuenta metros por un camiño baleiro !.
Hai que dicir que tamén contribúe a esta paranoia o abrocho de varios contaxiados en Vilaguindastre estes días.
O Leo onte foi adestrar perto de onde foi o caso e non pecharon o campo de fútbol. Entran todos con máscara, tómanlle a temperatura na porta, cada un leva a súa auga que poñen fóra do céspede coa máscara e adestran normal. Os vestiarios e duchas están pechados.
E imos safando !.

Etiquetas: , ,

2 comentarios:

Ás 24/07/20, 20:10 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

É amigo, não podemos viver subjugados ao medo, mas não podemos por de lado as precauções.
Abraço, saúde e bom fim de semana

 
Ás 25/07/20, 01:27 , Blogger Maria dixo...

Eu trato de levala ó pescozo, e rápido a subo se alguén se acerca demais ou se vexo a un municipal ou guarda. Sobre todo, as distancias.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio