Sempre quedan os soños
Traballando de mañá sempre durmo millor. Ata hai días que soño. Estabamos cuns amigos nunha festa na fábrica que tiñamos diante do noso piso de antes e descubrimos que no faiado había unha casa feita de cartóns e adornada con fotos. Isto era dun home sen fogar que lembraba cando casou e subiu a cabalo polas escaleiras do polígono veciño de onde viviamos antes. O mundo tiña menos cemento e a xente non usaba máscara nin escapaba unha da outra.
Pero soou o espertador e tiven que volver a este mundo de entruido obrigado.
" Se o teu día está un chisco amargo...Sacúdeo... Ás veces o azucre está no fundo ": agridóce mensaxe nun parque de bolas que vai facer cinco meses fechado.
Etiquetas: covid-19 IV, curiosidades XXI
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio