Reliquias
E seguimos ás voltas co coche vello que non pasou a ITV por unhas chorradas que no desguace son poucos euros. É mágoa ter que volver á ITV para facer cola e andar con máscara de aquí para alá.Ganas dá de mercar unha dilixencia que traballou de taxi en Valadares pero ao dono da chatarrería ofrecéronlle 30000 euros por ela e non a vendeu.
Muito lareou o dono connosco sobre motores de coches ( el mesmo creou un motor eléctrico e outro a hidróxeno ), sobre rodas de carros cos seus bitoques e llamias, e de pedras que non dilatan porque os canteiros antigos buscaban o andar das pedras. Mírase que o home está no seu ambiente rodeado de tanta sabedoría tradicional.
Etiquetas: curiosidades XXI, personaxes IV
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio