Imaxinación na política
Manolo Rivas fala de que temos que facer ecoloxía da linguaxe e recuperar o verdadeiro significado das palabras e non o que nos queren chuzar. Ben, el dío doutro xeito pero el é quen eu e eu son este menda.
O que si que estou farto de que lle cambian o que quere dicir un termo ou que o fagan tan etéreo e difuso que ou non diga nada ou diga todo o contrario ou diga todo ao direito.
O cartaz de arriba co esa frase tan nonseique que é " Imaxina canto futuro hai nunha Galicia 98% rural " é un exemplo do que quero dicir. Como uns políticos poden falar de imaxinar sendo tan bos xestores e contables como son ? Como poden falar de futuro ? Futuro máxico, porvir ou que para quen ? Se é para os animaliños seguro que hai se non morren queimados ou intoxicados de tanto eucalipto. E o de 98 % rural ? É certa esa cifra ? Que quere dicir rural ? Xela preguntoume que significaba e se era palabra galega. Non souben que dicir pero tampouco o saben dicir os que o escriben á vista da paisanaxe que mira o cartaz e di. Que chulo ! Que bonita é Galicia ! E, claro, miran a foto pero non paran a ler e se len esa frase tan voluble interpretarán algo místico ou lendario que sempre vende.
E saíndo do cartaz hai que ver como se lles incha o peito falando de perímetros, conviventes, vacinas e " aforos ". E os bares empezaron hoxe coas terrazas abertas e a mesma xente de antes a tomar o cafelito e o cigarrito coa máscara de adorno ou presta para colocar e evitar unha multa se vén a autoridade que non está para iso que se supón que somos maiorciños. E en Vilaguindastre aínda non se pode tomar nada no interior que cando sexa pasará do 30 % ao 120 % ou máis se collen clientes.
E así estamos.
E descubrín que hai bandeiras da República do Sáhara en muitos balcóns e Xela pensaba que a xente cría que Papa Noel viña do Sáhara. E pensará como siga facendo caso de muitas trapalladas que se din e escriben.
En fin.
Etiquetas: covid-19 V, curiosidades XXII, lecturas II
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio