Tempo de " lisemia "
Hoxe por fin houbo mercado en Vilaguindastre e así apareceu algo de vida. Aínda non se sabe certo como vai quedar a liberdade no concello porque anque baixaron os casos ao millor rexen os datos anteriores. O caso é que a partir do venres haberá terrazas abertas que xa é algo. Tamén poderán xuntarse catro persoas non conviventes así que a avoaE poderá estar cos seus netos. Iso si, a Arbo inda non podemos ir.
Eu hoxe fun mercar e tiven que ir ao concello da Rosa. Deixei o coche e fun por un atallo e crucei a vía do tren e non me crucei con ninguén. Na farmacia dixéronme que se quería podía facer a proba do cuspe que é gratis. Dixen que non pero xa sei onde facela se a preciso. Ía volver por outro camiño pero mirei a Garda Civil e volvín polo atallo da vía.
A Garda Civil estivo controlando os montes este domingo pasado e multou a motoristas e condutores de quads por circularen por sitios prohibidos, non levar máscara e houbo casos de xente que non estaba no seu concello e non tiñan ITV nin seguro. Así aprenden que non se pode xogar polo monte por puro pracer.
Outra cousa: estou a ler " Arqueofaxia " de M. Lourenzo González e atopei que falaba dunha enfermidade chamada " lisemia " que mataba a muita xente. A novela é dos anos 90 pero xa anticipaba esta pandemia anque, claro, a enfermidade ten distinta orixe e distintos síntomas. Xa sería atinar demasiado ! Eu non a lin cando ma agasallara Naideleo no 2001. Nótase que non tiña a paciencia de hoxe para poder ler o principio que é algo confuso.
E a ver se ten razón Bill Gates e para o 2022 recuperamos a liberdade anterior anque co paso que levan as vacinacións teremos que facer como Uzbekistán e coller inmunidade de rabaño para poder andar sen máscara e con todo aberto e con contacto físico.
Xa se mirará.
Etiquetas: covidia 21, lecturas II
1 comentarios:
Amigo continuo com muita dificuldade em comentar o seu blogue que cada vez que clico para o fazer me abre páginas em branco.
Muito interessante saber que já fizeram o mercado. Por cá os casos baixaram drasticamente mas continuamos confinados, embora se espere que as escolas abram já dia 1 de Março.
Não me admira do tema, pandemias houve várias ao longo da história, e cada vez haverá mais, dadas as asneiras que o homem faz com a natureza e os seus animais.
Abraço e saúde
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio