O galego en Mortadelo
Hoxe é o día do libro e eu inclúo os tebeos e cómics. No último cómic de Francisco Ibáñez os axentes Mortadelo e Filemón pegan unha volta por España e pasan por Galicia. Os galegos debuxados falan un galego inventado que hai que perdoarlle ao debuxante. O debuxante está mui maior e non sei canto lle quedará por debuxar. Cando teña tempo eu tratarei de colectar as chiscadelas ao idioma galego deste monstro da historieta.
E hoxe Xela debuxou no cole a portada do libro que máis lle gusta que é do Diario de Greg e Leo no instituto fixeron un vídeo entre a clase de música e a de inglés.
Etiquetas: curiosidades XXIII, leo XIII, lingua XIV, xelartista I
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio