leoeosseus

domingo, 4 de febreiro de 2007

Un motivo para emigrar



Na foto está o baúl que o meu avó levou a Venezuela e trouxo de volta. Era eu pequeno cando fomos despedilo ó peirao do Berbés que marchaba no trasatlántico Begoña. El díxome que me había de meter no baúl para poder ir co el a Venezuela pero no último momento fixo o despistado e cruzou a pasarela sen min.

Esta lembranza vén a conto pola pregunta que me fixo leco sobre que tres razóns me farían marchar deste país... E non sei que responder. Xa estiven en Londres un ano e medio e nos EEUU case tres anos e nos dous casos a razón que podo aducir é que foi por amor por Ana. Se ela vai ó fin do mundo, eu vou detrás. E despois deste motivo para emigrar pode haber un feixe de excusas...

Etiquetas: ,

20 comentarios:

Ás 00:08, 05/02/07 , Blogger Basho dixo...

Envejo-te. Bem, de certo jeito, mas envejo-te. Ou envejo à Ana.

Eu passei um ano em Londres e levo já quatro em Madrid e estou só. A minha namorada é a que tem trabalho fixo na Galiza, e a que sairia perjudicada de emigrar comigo. Assim que eu passo nove meses ao ano longe do sítio onde realmente quero estar. Claro que passe o que passar, eu tomei a decissão de não voltar aqui o curso que vem. É o meu último ano em Madrid. Não sei que vou fazer da minha vida se este verão não há "oposiciones" na Galiza e não saco a praça, mas já pensarei nisso em setembro. Estou farto de não tirar benefício real da emigração.

Um saúdo.

 
Ás 03:42, 05/02/07 , Blogger Ra dixo...

No sé cuál de sus dos historias es más bonita, si la de su abuelo o la de Ana. Saludo!

 
Ás 03:59, 05/02/07 , Blogger moucho branco dixo...

Ese motivo teu talvez sexa o mellor de todos...

 
Ás 09:19, 05/02/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Que post tan fermoso! encántame a foto e o detalle do baúl, e non digamos a razón que te engancha a permanecer ahí, a túa amada Ana.
Unha aperta, bo home
MOralla

 
Ás 12:22, 05/02/07 , Blogger Torreira dixo...

Pai,compartimos historia de avó emigrado en Venezuela.
O de Ana e o mellor dos motivos para emigrar.
Coídese

 
Ás 15:02, 05/02/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Con ese argumento, podes ir onde sexa que non é para menos que aplaudirche.
Por certo, que os fueghos de San Blas fixeron temblar hasta Redondela, ¡que brutos!

 
Ás 16:47, 05/02/07 , Blogger torredebabel dixo...

Se cadra, está ben tamén preguntar polas razóns para voltar. Digo eu que sempre vivin entre xente que marchou pola fame nunca puido voltar. Apertas a Ana e a ti e a Leo! sodes unha familia fermosisima!

 
Ás 17:01, 05/02/07 , Blogger rifenha dixo...

"Onde fica teu tesouro, fica teu coração..."
Umha cita do Evangeo.

 
Ás 23:37, 05/02/07 , Blogger Mr Tichborne dixo...

Fico pampo, porque a historia que contas tócame. Eu tamén saín da terra por amor. A Anna. Con dous enes.
Que "a túa terra" siga tendo nome de muller. Unha aperta.

 
Ás 01:51, 06/02/07 , Blogger Mario dixo...

Eu aínda teño unha folla dun xornal de finais dos anos 40 que apañei do fondo dun baul coma ese. Foi e volveu de Suiza, pero non estaba en galego.

 
Ás 05:30, 06/02/07 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

Ana... ese nome curto como o bater de Ás dunha bolboreta sempre foi a miña predilección.

Con seguridade seguir a ese voar sería unha razón para emigrar.

 
Ás 14:43, 06/02/07 , Blogger besbe dixo...

Pffff e ides facerme chorar, paideleo,lembras o que falamos na xantanza alí en Bonaval...a vida é moi triste ás veces. Coma parzival tamén debo estar pasando por unha astenia primaveral prematura e se aínda por riba andas escoitando esto é peor.

Alédome moito por Ana e por ti e por mr tichborne e pola afortunada, mesmo por parzival e a namorada. Sempre tiña que ser así. Bicos!

 
Ás 19:20, 06/02/07 , Blogger *Sara dixo...

(Suspiro)

 
Ás 21:42, 06/02/07 , Blogger X dixo...

Sinxelamente, envexable.

 
Ás 23:36, 06/02/07 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas polos comentarios e por contar os vosos casos a Parzival e Mr. Tichborne ( lembro os ollos que te levaron a Alemaña ). Tamén Torreira tivo un avó en Venezuela.

Enfin, que para marchar, emigrar ou exiliarse só fai falla un pouco de valentía e algún empuxón no corazón ou no peto. Iso si; botar unha tempada fora abre a mente.

Un saúdo para todos e graciñas " again ".

 
Ás 19:52, 07/02/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Chego tarde,como case sempre, pero certamente este post e ben bonito, e a foto...impresinante o que representa non? A vida nun baúl.

A casa está onde está a quen queres, eu tamén penso coma ti, sería un motivo para marchar...

Bicos para os tres....o Leo está ben bonito!!!!

 
Ás 00:16, 08/02/07 , Blogger Raposo dixo...

Na miña casa da aldea hai un baúl coma ese. Tamén foi e volveu de América. Esto da emigración tócanos a tod@s.

 
Ás 12:40, 08/02/07 , Blogger Paco Penas dixo...

Pedriño, anque non deixara vezo ao pasar lin o tei post unhas cantas veces.É unha historia fermosa que aínda estás a escribir...O teu pérfil é dos que engancha a vida.

 
Ás 05:17, 11/03/07 , Blogger Belén dixo...

Que saibas que o meu mozo non che vai querer ben... Pénsolle mandar a ligazón ao teu baúl a ver se aprende!!!!

 
Ás 05:24, 11/03/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Que bonito! e que envexa...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio