leoeosseus

martes, 31 de xullo de 2007

A interrede non ten que descansar



Esta imaxe fíxome gracia e póñoa aquí.

Polo día os saltóns chimpan, as herbas estalan e os paxariños abren o peteiro. Os insectos voadores dan a tabarra e a xente súa. Apetecen ensaladas e cafés con xeo. De noite cantan os grilos e se abren as fiestras.

Todo isto é o verán con calor e un motivo para abandonar o blogo aparte de vacacións e viaxes. Eu non teño vacacións e seguirei escribindo e visitando blogos e aprendendo cousas como a frase que lin: CAMBIO O DOBRE DO QUE SEI POLA METADE DO QUE ME FALTA POR SABER. Así tamén descubro fotos preciosas e actuais de Galicia e, por se fose pouco; a partir de hoxe seguirei a viaxe dunha parella arredor do mundo que me dan muita envexa. Isto da interrede é unha pasada.

Etiquetas: ,

4 comentarios:

Ás 01:56, 31/07/07 , Blogger Mar e Lúa dixo...

Jajajaja! Boísimo!
Non é que os abandonemos... só que coa calor nos esquecemos de darlles de comer. Polo menos no meu caso ;)
Unha aperta!

 
Ás 02:16, 31/07/07 , Blogger nemeth dixo...

e os que os temos famentos dende hai meses? :)

a calor o único que fai e que se deshidraten un chisco máis!

apertas e tentarei dar de comer o tamagochi :D

 
Ás 02:39, 31/07/07 , Blogger besbe dixo...

Pois eu tiña pensado tomarme vacacións de todo...a ver agora se non me remorde a conciencia :D Bicos!

 
Ás 15:28, 31/07/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Eu, aínda que non escribo moito, seguirei por aquí. Bonitos sitios os que descubriches.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio