leoeosseus

xoves, 16 de agosto de 2007

Cabo Home, Costa Rica e dailyphotoblogs



Onte puidemos pasear cuns amigos polo cabo Home, onde remata a península do Morrazo. Á mañá parecía que ía chover todo o día pero abriu o bastante como para podermos pasear. Xantamos coa compaña dunha amiga costarricense profesora nos EEUU que nos falou dos hoteis pegadiños a volcáns con lava que ilumina a noite e as carretas de cores tan típicas dese país. Nós mostrámoslle este rincón da nosa costa con esa aldeíña de Donón asomada ó océano. Podes crerme ou non pero eu soñei co esa aldea antes de vela por primeira vez hai uns anos.



Tamén estes días, como está o blogomillo bastante parado, andei a visitar blogos de dailyphotoblogs con fotos máis que interesantes e de aí que veñan comentarios en inglés e brasileiro.


Etiquetas: , , ,

5 comentarios:

Ás 23:53, 16/08/07 , Blogger tukinha dixo...

Olas!! primeira en comentaR !!

jeje pos eu abrin o blog fai pouco pero non tnho moitas visitas a verdad... digo, comentarios.

grazas x pasarte polo meu ! a min molariame haber nacido en algun pais extranxeiro pa saber falar un idioma de fora perfectamente, eu solo sei falar galego, castelán e antes portuges, ome ahora tamn pero antes como iba sempre de vacacions ala pos dominabao guay pero ahora xa casi non...

xau ! bikos !!

 
Ás 04:22, 17/08/07 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

Hoteis pegados a volcáns...mmmm. Non sei eu se querería habitación con vistas, mimadriña...

 
Ás 22:25, 17/08/07 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

Cabo Home... preciosísimo. Igual algún día cadramos por alí. Un bico.

 
Ás 00:56, 21/08/07 , Anonymous Anónimo dixo...

Pasámolo todos estupendo. Graciñas de parte da de Costa Rica pola compañía. Crispress

 
Ás 00:58, 12/09/07 , Anonymous Anónimo dixo...

alegrome de que che guste esta zona, eu vivo en donón e a verdade é que nunca me canso desa paisaxe.encántame.

un biko

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio