leoeosseus

sábado, 9 de febreiro de 2008

Tempo de atar viñas



Levamos uns días de calores primaverais boas para podar e atar viñas e tamén enxertar. Eu nunca fixen nada disto pero hoxe axudei a preparar un valado novo da casa da Refontán. O valado vai pechar a horta por diante. Aparte de axudar aprendo algunha palabra nova coma " churir " que significa pingar a mangueira. Aprendendo palabras así de fermosas xa me dou por ben pago.
A foto é da casa da Refontán despóis do incendio de 2006. Creo que teño que actualizar a miña galería fotográfica.

Etiquetas: , , ,

18 comentarios:

Ás 01:56, 10/02/08 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

sabes que acaban de publicar "o neno do pixama a raias" en galego? pois si. se o tes pensado regalar xa sabes... cambia de lingua ;)


un bico, pai.

 
Ás 10:17, 10/02/08 , Blogger Torreira dixo...

E voçe un patrimonio inmaterial da transmisión oral da nosa lingua.Apertas

 
Ás 13:01, 10/02/08 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Da gusto pasar por aquí sempre se aprenden cousas ben interesantes, concordo totalmente co que di Torreira...

Unha aperta nun día luminoso.
:)

 
Ás 17:09, 10/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Apertas primaverais.

 
Ás 21:16, 10/02/08 , Blogger Pau dixo...

Pois si que lle tocou cerca o lume, espero que agora teña un explendoroso verde

 
Ás 23:46, 10/02/08 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Pois de boas podas saiem boas colheitas.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 14:14, 11/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

as palabras, os xeitos de podar, o tempo das sementeiras, as lúas, nada diso se debera perder, está en nós rescatalo do olvido.

 
Ás 17:18, 11/02/08 , Blogger busto.agolada dixo...

Pois ademais de bo alumno aprendendo novas verbas, tamén es bo mestre porque nolas ensinas axiña aos demais. Eu non a coñecía, nin esa nin outra semellante.
Unha aperta.

 
Ás 17:29, 11/02/08 , Blogger Berta Helena dixo...

A minha resposta: foi bom teres perguntado. Aquelas fotografias são todas do meu companheiro que preferiu que o seu nome não fosse usado. E insiste que elas são minhas só porque eu estava ao seu lado quando fotografou.

Um abraço.

 
Ás 23:03, 11/02/08 , Blogger Suso Lista dixo...

Efectivamente eres un patrimonio da transmisión oral.

 
Ás 23:35, 11/02/08 , Anonymous Anónimo dixo...

E curioso, onte pasei e entrei polo primeiro enlace do post, fun dar cos videos das viñas e das máscaras de falabarato e non sei nen onde acabei... e o que ten sair unha noite de blogs.
Moi ben, Pedro. Digo eu que irás apuntándoas, o mesmo, nun futuro non moi lonxano ata me aparece un neto pola casa co diccionario das palabras do pai de Leo :-)
Apertas, das de verdade.

 
Ás 16:23, 12/02/08 , Blogger Ana dixo...

Da gusto venir por aqui, sempre aprendo algo novo, menos mal,que ti estas habituado a mi galego-castellan,jejeje
He encontrado un programilla,que me traduce todo al galego,pero sería como botr agua al vino,non?

Bicos

 
Ás 15:20, 13/02/08 , Blogger Laurindinha dixo...

Que terror ese incendio aí tan preto!
Saúdos!

 
Ás 15:28, 13/02/08 , Blogger TXARI dixo...

pois si que é um descubrimeto compartido o teu coas verbas novas!

 
Ás 18:49, 13/02/08 , Blogger Unknown dixo...

Estas feito un labrego de primeira. Que tal está o viño novo?

Eu teño as viñas case a monte. Un día destes anímome e pómoñe a coidalas.

Saudos ó Leo que debe estar enorme.

 
Ás 20:57, 13/02/08 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Tampouco coñezo esa palabra "churir", supoño que é desa zona, por aquí nunca lla ouvin a naide.
apertas

 
Ás 22:39, 13/02/08 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas a todos polos comentarios e os piropos.
O verdadeiro patrimonio inmaterial está fóra para desfrutar del e aprender. Xa dixen que me gusta aprender palabras novas e tratar de gardalas para o futuro e o blogo é un bó sistema.
En canto ao redor da casa dicir que do verde de piñeiros de hai dous anos pasando ao castaño do queimado e agora é azul do ceo que non hai unha soa árbore ao redor da casa.
Un saúdo a todos.

 
Ás 10:24, 15/02/08 , Blogger Mer dixo...

Este post recordoume cando era cativa.
Tódolos febreiros ía á casa dos meus avós maternos o "Podador".
Era un home da zona que se adicaba a iso, podar as viñas de toda a comarca. Simpático, corpulento, con pinta de bonachón e cunha desas voces moi graves. Eu dáballe a lata moitísimo, andaba detrás del por toda a horta, encantábame falar con el. Chamábase Elías e, precisamente o outro día visitando á miña tía Filomena pasei por diante da que era a súa casa.
Mira tí, tanto tempo sen recordalo e nun mes veume dúas veces á cabeza.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio