leoeosseus

luns, 10 de marzo de 2008

Futuro verde



Por fin actualicei fotos da Refontán de Arbo e pode verse que está rodeada de deserto provocado polo lume. Pau pensaba que agora estaría recuperada a zona despóis do incendio do 2006 pero aínda non. O bó é que agora van prantar árbores de folla caduca que hai unha subvención e van deixarse de piñeiros e eucaliptos. O malo é que tardará anos en ser un bosque verde pero cando medre será a imaxe que terá o Leíño da casa dos bisavós.

Etiquetas: ,

7 comentarios:

Ás 23:45, 10/03/08 , Blogger Ana dixo...

Es una pena,pero seamos positivos,cuando Leo crezca,ya verá todo verde y sin señales del fuego.
Cuando fueron los fuegos en el 2006,hice un viaje por toda la costa da morte y era desolador ver como estaba todo.

Bicos chuliño

 
Ás 01:59, 11/03/08 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Pois por aqui leva anos ardendo, moitos anos, prácticamente todos os montes que nos arrodean xa foron queimados e gran parte do terreo ainda non recuperou.
Apertas.

 
Ás 09:27, 11/03/08 , Blogger Veloso dixo...

E será unha imaxe ben fermosa. De momento, aínda estarrece algún estrago daquel terrible 2006, por exemplo a negrura que se albisca cando se cruza a Ponte de Rande cara ao Morrazo.

 
Ás 10:31, 11/03/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Os meus mellores desexos para esa estadía do Leo no paraiso. Ogallá poda disfrutar dunha Galiza soñada, onde sexa posible que os humanos convivan en en paz e armonía antre eles e co medio.
Jo, parece que hoxe me levantei un pouco mesías, debe ser o sol que me peta na testa :-)
Apertas a todos.

 
Ás 16:36, 11/03/08 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

que afortunado Leo... e que nome tan bonito, que creo que nunca cho deixei escrito.




moitos saúdos.

 
Ás 19:50, 11/03/08 , Anonymous Anónimo dixo...

Ogallá medren ben esas arbores e que lle collan tanta teima o lume, que cando o vexan, afogueno e non lle deixen forzas para queimar NUNCA MAIS

 
Ás 22:03, 13/03/08 , Blogger paideleo dixo...

ana: os lumes dese ano foron un desastre esaxerado que esperemos que non se repita.
rifo i de xeuquirne: o monte ten demasiados inimigos que non queren que vaian as árbores arriba desde Valdeorras ata Fisterra.
veloso: e o fume que inundaba a ría de Vigo aqueles días...Unha imaxe dantesca.
paquito de penas: si, semellabas outro. A ver que nos depara o futuro.
nébeda: esperamos que sexa afortunado.
O nome foi o único que nos gustaba aos dous. Eu quería un nome curto, de varón, doado de escribir e dicir e que fose internacional.
Alédome que che guste a ti tamén. Parece que tamén lle gusta a algúns donos de gatos e cans pero bueno...
pepe penas: se van arriba aguantarán ben o lume que non son leña coma os piñeiros e eucaliptos.
Benvido de novo. Hai veces que semellas o río Guadiana que vai e vén.

Graciñas atodos polas boas palabras e os bós desexos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio