leoeosseus

domingo, 29 de xuño de 2008

Polo san Pedro regha a medo



Sempre que vou a Arbo aprendo historias e palabras descoñecidas. Hoxe é san Pedro e saiu na conversa o dito " Polo san Pedro regha a medo " que significa que hai que regar con control. A bisavoa Celia empezou a falar das regas de hai máis de corenta anos. Empezaban o día de san Pedro. Existía o minuteiro, un home que levaba reloxio e controlaba os minutos de rega que lle tocaba a cada veciño. Cando chegaba o cambio de turno cun asubío pupaba e sabía o veciño que tiña que facer a tola, o desvío na levada de auga para que fose á súa veiga. E así día e noite para aproveitar o tempo e a auga. Os veciños xuntábanse a esperar e mentres falaban e contaban contos.

Bueno, historias doutros tempos.

Etiquetas: , ,

9 comentarios:

Ás 01:19, 30/06/08 , Blogger La queue bleue dixo...

Isso nom serám pastéis dos Piruchos, ou?
:P
Tu tamém contas bonitos contos aqui, eh.

 
Ás 11:01, 30/06/08 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

O San Pedro grandes festas, vimos de rematalas...

Unha aperta.
:)

 
Ás 13:19, 30/06/08 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Eche ben verdade, aquí ainda queda algun vello, que é o que sabe a quen lle toca cada día, cando falten pode ser un descontrol, o que pasa e que xa non rega casi nadie.
Eses pasteis a esta horas, hum, que fame.

 
Ás 22:30, 30/06/08 , Blogger mamiago dixo...

Pois parabéns Pedro.
E dito isto, teño un traballiño para ti e para o que sexa capaz de respostar, O NOSO MEME, pero non é un meme calqueira, é para procurar información para os nenos ESPECIAIS. Deixote o enlace:
http://hablapormidiceiago.blogspot.com/2008/06/o-noso-meme.html
Biquiños

 
Ás 23:19, 30/06/08 , Blogger mamiago dixo...

Xa sei, xa sei, pero como coñeces a moita xente mandeicho a ti, para que outros fagan o mesmo. Graciñas polo enlace.
Bicos.

 
Ás 11:45, 01/07/08 , Blogger Raposo dixo...

En moitos sitios existen as partidas ou partixas de auga, escritos nos que se reflexa as quendas de cada veciño marcando os días e as horas que lle toca a cada un.
Eu conservo unha de principios do século pasado. A auga (que tanta importancia tivo para as leiras, lameiros e hortas fai 100 anos, e que se controlaba o minuto) agora corre e pérdese polo rego sen que a ninguén lle preocupe.
Como cambian os tempos!

 
Ás 13:03, 01/07/08 , Blogger fgul dixo...

Eu sempre gostei dos levaban froita... e se son de nata moito mellor...

 
Ás 15:43, 01/07/08 , Blogger d´Agolada dixo...

Que curiosas son as vellas tradicións. Saúdos

 
Ás 14:09, 03/07/08 , Blogger Mer dixo...

Está xenial coñecer historias e tradicións das nosas vilas.
Feliz San Pedro atrasado e que reghe o viño non a choiva, brindo cun ribeiriño: chin-chin

unha aperta

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio