leoeosseus

sábado, 4 de outubro de 2008

Meme lector



Hai xa un tempo que fun convidado por Kaplan a falar dos libros que lin nas vacacións.

A verdade é que lin pouco comparado co que lía hai anos e aínda teño pendentes libros obsequiados por familia e amigos e algún que merco.

Fixen unha foto de algúns dos que lin neste verán:

- " The witch of Portobello " de Paulo Coelho. Unha muller que profundiza na súa natureza feminina.

- " Ibiza shorts " de Trev Hunt. Son uns relatos curtos ambientados en vilas de Eivissa.

- " A escola da lareira " de Manuel Quintáns Suárez. Un compendio etnográfico de literatura popular.

- " Made in Galiza " de Séchu Sende. Relatos curtos sobre a lingua galega nesta sociedade.

- " Os nomes do traidor " de Xurxo Sierra Veloso. Novela onde o protagonista é un delator cunha identidade nova dada pola policía.

- " El discreto encanto de la vida conyugal " de Douglas Kennedy. Libro onde a unha muller se lle complica a vida por un desliz do pasado.

- " El juego del ángel " de Carlos Ruiz Zafón. Un escritor recibe un encargo dunha personaxe sinistra. Está ben pero prefiro o anterior " La sombra del viento ".

- " Te daré la tierra " de Chufo Lloréns. Ambientada na Barcelona medieval e que trata dun home que ten demasiada sorte nos negocios para o meu ver.

Non é gran cousa o que lin pero estou nunha etapa pouca lectora.

Non embarco a ninguén co meme anque se alguén quere recomendar algún libro ou avisar da mala calidade doutros, pode facelo nos comentarios.

Etiquetas: , ,

9 comentarios:

Ás 05/10/08, 00:18 , Blogger BK dixo...

Eu tamén teño épocas. Ás veces leo sen parar e outras pasan meses enteiros sen tocar un libro: depende do traballo, das ganas......

 
Ás 05/10/08, 14:39 , Blogger Bea dixo...

Se che sirve... eu lin menos... e agora... toca voltar coa lectura obrigatoria... polo que supoño que ata nadal non poderei ler ningún outro... :(

 
Ás 05/10/08, 18:34 , Blogger Fada Branca dixo...

moy voa lectura. ESTOU DE REGRESO

 
Ás 05/10/08, 19:39 , Anonymous Anónimo dixo...

Dous dos que liches, axiña os lerei eu, espero (El juego del ángel e Made in Galicia).
Falando de memes, embarqueite noutro.

 
Ás 05/10/08, 20:22 , Anonymous Anónimo dixo...

xa o borro da lista de cousas pendentes! :-)

 
Ás 06/10/08, 11:03 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Isto é así, vai por épocas, pero dicir que leches pouco nas vacacións, paréceme esaxerado.

Teño que recoñecer que antes lía máis, o que pasa que agora con isto do blog, sacache bastante tempo. O que si me gustaría ler, sería "El juego del ángel", xa que "la sombra del viento" gustoume moito.

Un saúdo.

 
Ás 06/10/08, 13:13 , Blogger Mer dixo...

Destes só teño lido "Made in galiza". Recoméndoche "Orixe", do mesmo autor. É unha novela coa que gañou o premio Blanco Amor.

 
Ás 06/10/08, 15:43 , Blogger Mararía dixo...

¡Non te queixes que leíches dabondo! Se eu leese a mitade durante o verán xa me podía dar cun canto nos dentes. Fixéchesme evidenciar o preguiceira que son. Qué desastre!!

 
Ás 06/10/08, 18:23 , Blogger rui dixo...

Non, eu tampouco leo tanto. Se hai que recomendar un, para quen non o teña aínda lido (como era o meu caso até hai pouco) Calzados Lola de Suso de Toro paga a pena. E outro que lin xa hai anos El puente de Alcántara de Frank Baer, tamén xenial se che gusta a novela histórica.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio