leoeosseus

mércores, 10 de febreiro de 2010

Non hai te


Hai anos a un que non estaba barbeado dicíaselle no choio: - " Hai café ". Que é apócope de: " Hai qu´afeitarse ". E o aludido acostumaba retrucar cun: -" Non hai te "; apócope de " Non hai tempo ".
Por iso e pola escaseza de ideas levo uns días sen postear. A ver se cambio de turno de traballo.

Etiquetas: ,

12 comentarios:

Ás 08:48, 11/02/10 , Blogger Dilaida dixo...

Pois haberá que esperar que o haxa, o traballo é o traballo, xa se sabe...

 
Ás 09:34, 11/02/10 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Eu tamén sempre contesto co "non hai te", preguiceiro que é un para eses choios.
Se ti posteas pouco, o meu xa non sei como se chama.
Se podo ir, a ver se te vexo en Ponteareas este venres.

 
Ás 12:22, 11/02/10 , Blogger Torreira dixo...

:-)) que bo...eu levo unhas semanas sen te...apertas pais.

 
Ás 12:52, 11/02/10 , Blogger Merce dixo...

Benvido ao clube dos escasos de tempo :)

Pouquiño a pouquiño.

Bicos.

P.D. por certo, gustame moitisimo a composicion desa foto ;)

 
Ás 13:36, 11/02/10 , Blogger Bolboreteira dixo...

Pois andamos todos sin te, manda truco!
Moi bo!
Bicos

 
Ás 13:37, 11/02/10 , Blogger fonsilleda dixo...

Moi bo Paide, non os coñecía.
Bicos.

 
Ás 14:00, 11/02/10 , Blogger Cuspedepita dixo...

Por aquí hai pouco te tamén, e pouca inspiración. Quizá vaia todo relacionado ¿non che parece ?

 
Ás 14:25, 11/02/10 , Anonymous BRABIDO dixo...

A veces ae que buscar tempo donde non ae.

Saúdos

 
Ás 16:53, 11/02/10 , Blogger Paz Zeltia dixo...

máis ca de tempo, eu penso que é de ganas!
pero claro, iso non rima.

eu debo ser algo rara,
porque me encantou este post

 
Ás 21:41, 11/02/10 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Sodes a hos, por esas te! ;-)

 
Ás 23:53, 11/02/10 , Blogger Antón de Muros dixo...

Penso como Zeltia: non só é un tema de tempo senon de ganas, e -como dixo Cuspe - de inspiración. falo dos blogues non da barba ;-)

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 21:56, 14/02/10 , Blogger paideleo dixo...

Dilaida: pois semella que collín soltura estes días. O entruido dá para muito.

Carlos Sousa: parece que a expresión está restrinxida ao mundo obreiro masculino.
Ao final mirámonos pero case foi polo aire o encontro. Para a próxima...

Torreira: debes de ter unhas barbas bíblicas.
Apertas.

Merce: non é escaseza de tempo senón mala distribución polo horario.
A autofoto fíxena así e ao terceiro intento saiu o que posteo que non ten ningún fin artístico senón retratar dalgún modo o posteo.

Bolboreteira: supoño que será un mal actual.

Cuspedepita: e pode ser porque os males non acostuman vir sós.

BRABIDO: e fágoo pero hai veces que non van xuntos o tempo libre e a inspiración.

zeltia: din que quen quere,pode, e o que non quere pon excusas.
O posteo trata de informar ensinando algo que non todo o mundo sabe ( e menos as mulleres ).

Chousa da Alcandra: na' especial, non creas.

Antón de Muros: a verdade é que para barbearse non se precisa inspiración e para postear fai falla algunha.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio