leoeosseus

martes, 17 de maio de 2011

DLG 2011


Coma todos os anos pendúrase unha pancarta na fachada do centro cultural de Vilaguindastre coa imaxe do autor homenaxeado do ano.



Outros aproveitan o día para organizar outro tipo de xuntanzas.






Ou celebran festas gastronómicas anque este ano tiveron o detalle de correxiren o cartaz con respecto ao ano pasado.






En Vilaguindastre actuou o mago Cayetano Lledó que o fixo mui ben e tivo o detalle de disfrazarse de " O Raposo " e non " El Zorro ".



Da miña parte pouco aportar para este día anque quero dar a coñecer un vocabulario do concello veciño con muitas palabras propias da zona e que eu descoñecía.




Tamén poño este vídeo sobre o galego que me gustou.








Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 17/05/11, 23:13 , Blogger xenevra dixo...

estase espallando a idea de recollermos o vocabulario propio para que non se nos perda. Un bo exemplo o que ti nos achegas. Que medren palabras como carballos na terra!!!

 
Ás 18/05/11, 14:46 , Blogger mfc dixo...

A língua é um factor identitário importantíssimo.
Há que o preservar!

 
Ás 18/05/11, 15:09 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que bom amigo que vos preocupeis em manter a vossa língua.
Em Portugal os senhores do poder estão destruindo a nossa com acordos ortográficos ridículos que nos porão a falar português do Brasil em menos de 20 anos.
Um abraço

 
Ás 18/05/11, 17:09 , Blogger Dilaida dixo...

Grazas polo vocabulario, moi interesante.

 
Ás 18/05/11, 21:16 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Mira ti por onde viñeron en corrixir o erro do ovo estrelado. Tardaron un ano, pero máis vale tarde ca nunca.

E sigamos rulando, que hoxe tamén é o día das letras.

Apertas

 
Ás 19/05/11, 10:12 , Anonymous Anónimo dixo...

Pois moi ben pensado o de irmos xantar ovos estrelados con chourizo despois da concentración pola lingua.
Hai cousas que é mellor facelas a base de ovos, xa sabe.

 
Ás 19/05/11, 11:25 , Blogger Raposo dixo...

Está moi ben esto de ir ampliando o vocabulario con palabras novas.
Apertas.

 
Ás 19/05/11, 15:28 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

Interesantes as achegas de vocabulario. O video xa o coñecía, pero veume ben lembralo... E que lembremos todos e todas o lugar que ocupamos.

Un saúdo.

 
Ás 19/05/11, 18:18 , Blogger Paz Zeltia dixo...

saiuche un post moi ben aproveitado!
un post enriquecido hahaha
xa non sei de que falar, acugúlaseme!
:D
direi só que as festas gastronómicas parécenme sempre ben, sexan polo motivo que sexan e que as novas palabras son tan novas para min que non coñecía ningunha (ou case)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio