leoeosseus

domingo, 18 de novembro de 2012

Hotel Transilvania, Tanxarina e Miliki


Esta fin de semana foi completa para os pequenos da casa. O sábado fomos ao cine a mirar " Hotel Transilvania " e hoxe fomos ver unha actuación de Tanxarina. Pasámolo ben. Bueno, Xela estaba algo nerviosa na actuación e movía o ombreiro arriba a abaixo. No medio da actuación deron a noticia de que morrera Miliki e case non o puiden crer. Miliki semellaba inmortal pero chegoulle a súa hora e coa súa morte noto que a miña infancia desaparece un pouco máis na memoria.
Aquí poño unha ligazón á canción " Susanita " que tanto me axudou cando lla cantaba a Xela para mudarlle o cueiro.

Etiquetas: ,

4 comentarios:

Ás 09:36, 19/11/12 , Blogger Dilaida dixo...

Era como alguén da propia familia, eles formaron parte da infancia das miñas fillas e as súas cancións oíamolas a cada momento.
Bicos

 
Ás 11:18, 19/11/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

sí que foi unha gran perda pero nadie é inmortal... unha mágoa.

biquiños,

 
Ás 20:04, 19/11/12 , Anonymous peke dixo...

A min xa me colleu algo maior, pero lembro Susanita coma se fose hoxe.

 
Ás 00:42, 20/11/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

un lindo homenaxe a Miliki, coa Susanita.
Tan famosos foron na década dos 70! e inda que a min por entonces me gustaban máis os mozos que os paiasos, recordos con moito cariño, e cando na década seguinte tiven eu ao meu neno, moito lle cantei esa canción...!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio