leoeosseus

xoves, 4 de abril de 2013

Tres de abril















O tres de abril é unha boa data para actualizar o blogo. A primavera vai chegando coas veloritas e o cambio de hora. O mal tempo pechounos na casa e as películas coma " Os Croods ", " Monstros contra alieníxenas " e " Astro Boy " suavizaron o asunto. Tamén contribuiu ir cos amiguiños a un centro comercial acugulado de xente ou a Cotogrande onde había atraccións da festa.
Este mal tempo non é bo para a horta e en Arbo preocupábanse polos allos: " Quen planta polo Natal ten un allal, quen planta polo xaneiro ten un alleiro ".

O meu aniversario tráeme unha cámara cun zoom prodixioso para captar momentos dos pequenos da casa.
 
 
 
 
O primeiro de abril visitamos de balde o zoo e o lobo durmía coma un " casón" como dixo un descargador de Vilagarcía que pasou el a semana santa.
 
 
 
E non me extraña coa sarabiada que caiu na saída do zoo e cachou a máis de un e de dous. E como era a data que vai o burro a onde non debe ir alá fomos de burros a un comercio sendo festivo en Vigo.

Etiquetas: , ,

3 comentarios:

Ás 12:42, 04/04/13 , Blogger matrioska_verde dixo...

fai mil anos que fun ó zoo de Vigo... xa nin o recoñecería... pouco se pode facer nos dìas de chuvia.

biquiños.

 
Ás 20:37, 06/04/13 , Anonymous peke dixo...

Que tristura os zoos! Pobres animais!

 
Ás 02:03, 11/04/13 , Blogger Paz Zeltia dixo...

os centros comerciais e grandes almacéns fan o seu "aGOSTO" coa choiva... (non chove nin vai frío...)

felicidades pola cámara, vexo que xa estreas cuns modelos que merecen a pena. pero fotografiar ben rapaces non ten mérito! (sempre están lindos) :)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio